Actuacións anteriores
Compostela para investir
Santiago de Compostela é unha cidade moderna e competitiva, con interesantes potencialidades en materia económica. A Concellaría de Promoción Económica e Emprego traballa para difundir eses atractivos e atraer así capital foráneo. Faino a través do programa Compostela para investir, que ten un dobre obxectivo: promocionar as empresas de Compostela no exterior e atraer a novos investidores ao noso Concello.
Proxecto Cosefamie. Competencias ao Servizo da Familia e do Emprego
Este proxecto forma parte do programa europeo Leonardo da Vinci. O seu obxectivo é establecer un protocolo común a nivel comunitario para acreditar profesionalmente ao/á coidador/a familiar e favorecer así a súa inserción laboral.
Programas de cooperación 2010
A través dos Programas de Cooperación, cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo e xestionados pola Concellaría de Promoción Económica, o Concello de Santiago contrata persoas desempregadas para que, a través do desenvolvemento de obras e servizos de interese para a comunidade, incrementen a súa formación e a súa práctica profesional, mellorando así as súas expectativas de reinserción.
Plan de Formación 2009
O Plan de formación e mellora de competitividade para os sectores industrial, da construción, e do comercio e a hostalería para o ano 2009 contou con 26 accións formativas gratuítas, 13 presenciais e 13 por teleformación. Sumaron en total 929 horas lectivas, e ofertaron un total de 430 prazas, das que se beneficiaron, principalmente, persoas empadroadas e/ou que traballaban no Concello de Santiago.
Solo empresarial
A Concellaría de Promoción Económica traballa para dar solución ás necesidades de solo industrial das empresas localizadas en Santiago de Compostela. É fundamental para o Concello que poidan medrar aquí evitando a súa deslocalización e a perda de empregos que suporía. Ao mesmo tempo, tamén é importante dispor dunha bolsa de solo empresarial para favorecer a implantación de empresas foráneas que xeren novos postos de traballo.
Proxecto Europeo WEED
O proxecto Women, Enterprise, Employment in Local Development (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local) enmárcase no proxecto URBACT II, e ten por principal obxectivo o de estudar propostas para mellorar a situación das mulleres no mercado local de emprego, na economía cognitiva e na actividade emprendedora. Estas propostas estúdanse a través dos Grupos de Acción Local constituídos en cada unha das cidades participantes.
Plan de Formación 2008
En 2008 a Concellaría de Promoción Económica organizou 59 cursos que sumaron máis de 4.500 horas lectivas, e nos que se ofertaron unhas 800 prazas de formación. Estes cursos pertencían aos seguintes programas: Plan de FIP (Formación e Inserción Profesional), Plan de Formación do Concello de Santiago, Proxecto Crear V, e Obradoiro de Emprego Compostela Natural.
Plan de promoción e dinamización comercial
As accións de promoción e difusión da oferta comercial considéranse esenciais para a dinamización do sector, para o incremento da súa competitividade, e para dar resposta ás necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras.
Rede de Cooperación Local 2008
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.
Rede de Cooperación Local (2004-2007)
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.







