• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Co auxe do comercio electrónico, as grandes marcas apostan por un concepto de tenda diferente do que existía ata agora. A tendencia son as flagships stores, formatos de gran superficie na que teñen cabida todas as coleccións, así como recunchos nos que os clientes poden vivir experiencias únicas. É o que fixo a firma británica Burberry para renovar a súa marca, cando abriu en 2012 a tenda insignia de Regent Street, a máis grande do mundo, con 2.500 metros cadrados repartidos en catro planas, que entón foi o colmo da modernidade para unha firma con máis de século e medio de historia, ao mesturar o físico co dixital para crear a máxima experiencia do luxo.

Etiquetas:
novas , comercio , tenda , compra , experiencia

Tendencias en alimentación nos últimos anos: as empresas buscan ofrecer produtos máis sans, baseados na nutrición personalizada. Incluso os pratos precociñados, salsas, lácteos, bebidas de cereais, iogures, smoothies “bio” e “sen”, baséanse na incorporación de ingredientes máis saudables e na redución de graxas, azucres e sal.

Etiquetas:
novas , alimentación , alimentos , saúdable , superalimentos , engadidos

Barcelona Activa, da man do Plan de Barrios, puxo en marcha un novo programa de emprendemento social. En prenem cura ten por obxectivo formar e acompañar ás persoas participantes na construción dun proxecto de emprendemento colectivo no ámbito do coidado das persoas.

Etiquetas:
novas , emprendemento , Economía Social , familias , coidado , maiores

A deslocalización das obras de teatro supuxo unha atomización de propostas. En mercados, perruquerías e vestíbulos. Poida que non supoña un medio de vida pero si parece ser unha expresión artística válida, unha maneira de dar a coñecer un traballo e quen sabe, unha vía para acabar triunfando.

Etiquetas:
novas , cultura , negocio , perruquería , teatro , microteatro

No sector de comercialización de enerxía, a facilidade de cambiar de provedor en liña, así como unha maior transparencia sobre os prezos ofrecidos, está a aumentar as taxas de deserción e acurtando a duración das relacións cos clientes. Aínda que o prezo é o factor determinante, unha mala experiencia co persoal do centro de chamadas tamén pode provocar que os consumidores revisen os seus contratos enerxéticos vixentes. En 2016, ao redor do 10% dos consumidores alemáns cambiaron os provedores de electricidade, en comparación con menos do 6% en 2010.

Etiquetas:
novas , enerxía , dixitalización , eficiencia , comercializació , ofertas , prezos

A aposta pola desestacionalización converteuse nun claro obxectivo dos destinos españois, moi dependentes na súa gran maioría da tempada de verán. E, como parte deste propósito, as actividades deportivas constitúen unha das principais opcións, polas condicións climáticas do noso país e as instalacións que se desenvolveron, que favorecen a práctica de todo tipo de deportes durante todo o ano.

Etiquetas:
novas , turismo , deporte , sendeirismo , montañismo , naútica , golf

As experiencias dixitais que o turista vivirá no destino son a nova fronteira para a industria turística. Trátase dun territorio pouco explorado aínda, onde tecnoloxía e contidos (sobre todo culturais) deberán ir da man. Pero ao mesmo tempo este novo horizonte ofrece enormes oportunidades de negocio así como para elevar os índices de satisfacción dos visitantes e recomendación.

Etiquetas:
novas , cultura , tecnoloxía , dixital , turismo , contidos , experiencia , horizonte

Segundo a media extraída dos cálculos de aforro con pélets, achas e ósos de oliva feitos pola Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa (Avebiom), un fogar gasta a metade en quentarse con estes biocombustibles que con gasóleo.

Etiquetas:
novas , biomasa , calefacción , gasóleo , gas , calor

Seis de cada dez viaxes por motivos profesionais acábanse convertendo en "bleisure" (do inglés "business" + " leisure", ou negocios + lecer), segundo un informe realizado polo grupo Expedia e que se presentou esta semana en Amsterdam, durante a conferencia Phocuswright Europe.

Etiquetas:
novas , marketing , turismo , destino , bleisure , ocio , lecer

España, un dos destinos líderes do mundo, vese beneficiada pola tendencia global de crecemento turístico. Pero hai un matiz importante. E é que mentres a competencia no norte de África e Mediterráneo oriental estivo atenuada ou desaparecida, España gozou dun ciclo de sete anos de vacas gordas. Cabe lembrar que no ano 2010 España recibía 53 millóns de viaxeiros mentres que o 2017 pechouse con case 82 millóns. Un 55% máis.

Etiquetas:
novas , sustentabilidade , xestión , turismo , crecemento , investimentos , infraestructuras , viaxeiros , destino