Actuacións anteriores
Plan de Calidade en Destino
O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) é unha iniciativa avalada pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que pretende elevar a calidade de todos os servizos turísticos das cidades a través da implantación dunha filosofía de traballo baseada na mellora continua.
Plan de Desestacionalización Turística
Turismo de Santiago desenvolve desde 2002 un plan anual de desestacionalización turística. A campaña apela ao encanto inalterado da cidade en inverno para reforzar a temporada baixa do sector e propiciar estancias de fin de semana e pontes festivas nos meses de menor ocupación hoteleira.
Plan de Excelencia Turística 2001-2004
O Plan de Excelencia Turística foi unha iniciativa xestionada durante tres anos (2001 – 2004) por Turismo de Santiago. O seu horizonte inmediato era a mellora notable na prestación de servizos turísticos durante o Ano Santo 2004, data para a cal Santiago aspiraba a consolidarse coma un dos primeiros polos turísticos, culturais e de congresos de España.
Plan de Marketing Estratéxico do Turismo
Co Plan de Marketing Estratéxico do Turismo de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago pretende dar un novo enfoque ao desenvolvemento turístico da cidade, para que se realice de forma sustentable e eficiente, definindo obxectivos, dando coherencia ás actuacións e funcionando, en fin, como unha plataforma de participación e consenso entre todos os axentes turísticos implicados: Concello de Santiago, Xunta de Galicia, organizacións e asociacións empresariais e sindicais, institucións culturais, relixiosas e universitarias, etc.
Proxecto Persoa II
O proxecto Persoa II naceu có obxectivo de favorecer a integración laboral das persoas desempregadas a través da súa participación nun proceso integral de inserción, en ocupacións encadradas como novos filóns de emprego. O proceso contemplou formación, práctica laboral e acompañamento.
Proxecto Persoa III
O 27 de de decembro do 2007 rematou o Proxecto Persoa III, que comezara o 14 de decembro do 2005 e que acadou un 98% de insercións laborais. 103 persoas (97 mulleres e 6 homes) das 105 (99 mulleres e 6 homes) que participaron en algunha das sete especialidades desenvolvidas no Proxecto Persoa III accederon ao mercado de traballo a través de contratos de diferente duración.
III Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2006
O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
II Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2005
O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
Catálogo de Empresas de Economía Social de Compostela
A situación actual demanda reforaza a aposta de futuro pola economía social e dar un salto cualitativo que permita recoñecer as importantes achegas que realiza á sociedade, así como as oportunidades de mellora económica e social que ofrece.







