Actuacións anteriores
MELLORAR E MEDRAR EN URBANA SANTIAGO NORTE
A Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados convoca no marco do programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) o programa “MELLORAR E MEDRAR EN URBANA SANTIAGO NORTE”.
PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2013
“Santiago Investors Support” ten tres obxectivos: impulso e mellora da competitividade empresarial e comercial; proxección exterior e captación de investimentos; posta en valor e dinamización da actividade económica. Os públicos aos que se dirixe o programa son: persoas emprendedoras e inversores interesados en desenvolver proxectos empresariais no Concello; empresas e comercios xa asentados en Santiago; persoal das empresas e comercios da cidade.
Temos un comercio de cine
Premios ao comercio compostelán 2013. Temos un comercio de cine!
Plan de Formación Continua do Santiago Investors Support
O plan súmase ao resto de actividades do Santiago Investors Support que teñen coma obxectivo fomentar o desenvolvemento empresarial de Santiago neste momento de crise económica.
NON
Inclúense neste Plan de Formación Continua, oito cursos gratuitos que se realizaran entre o 19 de novembro e o 22 de decembro.
Noite Aberta de Primavera
A concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez a “Noite Aberta de Primavera” do comercio compostelán, que se celebrará o venres 18 de maio e que se integra dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión.
Comercio Aberto: Premiando ao noso Comercio
Compostela premia aos establecementos comerciais polo miúdo máis senlleiros en cadansúa categoría.
Todos os comercios poderán ser candidatos e optar a unha ou máis das categorías premiadas. As candidaturas poderán presentalas os propios comercios, as asociacións de comerciantes e, no caso das categorías "Comercio Agarimo" e "Comercio de Barrio", calquera persoa física.
Formación para o emprego 2010
A través deste programa de formación e inserción laboral impartiranse, este ano, os cursos de Electricista de edificios, Fontanaría e Instalador/a de gas.
Equipo de obras e emprego Urbana Santiago Norte
O programa Equipo de obras e emprego Urbana Santiago Norte ten como obxectivo facilitar a inserción laboral de 45 persoas desempregadas.
Compostela Activa 2010
O programa de fomento da cultura emprendendora Compostela Activa enmárcase no SAE, o Servizo de Apoio á Empresa . Ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.







