• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, convoca a actividade formativa "Dinamización e fomento do espíritu emprendedor cooperativo no eido educativo", a través da que se pretende fomentar o espírito emprendedor.

Etiquetas:
novas , Economía Social , eusumo , cooperación , emprendimento

O mercado das solucións de almacenamento de electricidade volve rebentar todas as súas costuras. Segundo a consultora multinacional IHS Markit, o sector, que o ano pasado conectou á rede sistemas de almacenamento por valor de 1.900 megawatts -mellor marca anual da historia-, vendeu máis de 10.000 megawatts en noventa días (o primeiro trimestre de 2018).

Etiquetas:
novas , enerxía , renovable , almacenamento , batería , electricidade

Imaxínasche criar peces debaixo do teu horto urbano? Esta é a proposta da acuaponía, integrar a crianza de peixes para aforrar un 90% de auga e eliminar, ao mesmo tempo, o uso de produtos químicos tóxicos. Un sistema que se está desenvolvendo tanto para uso particular como para uso industrial.

Etiquetas:
novas , hidroponía , auga , acuaponía , horto , urbán , cultivos , artesanais

Os elementos que compoñen a cartelería nun negocio aberto ao público teñen como obxectivos fundamentais informar, promocionar e atraer. Por tanto, a evolución destes elementos depende das necesidades de comunicación de cada establecemento cara aos seus clientes e usuarios.

Etiquetas:
novas , marketing , dixital , turismo , hoteles , axencias , interactividade , cartelería

Un diagnóstico do nivel tecnolóxico actual de sectores industriais estratéxicos da economía de Galicia (aeronáutica, agroalimentación e bio, automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, metalmecánico, naval, pedra natural, téxtil/moda e TIC) é o resultado da investigación promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, elaborada polo Igape en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga). O estudo mostra, ademáis, as oportunidades de adopción tecnolóxica das Pemes galegas, no curto e medio prazo, no escenario 4.0.

Etiquetas:
novas , oportunidades , IGAPE , industria 4.0 , industria , digitalización , clusters , sectores

O 24 de abril de 2018, de 19 a 20.30 h. na Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, terá lugar un encontro aberto sobre a promoción das industrias culturais e creativas, o fomento da innvación e a colaboración con outros territorios.

 

Etiquetas:
novas , economía , participación , cultura , industria , experiencias , creativa , industrias creativas

Técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación da economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Particiou unha trintena de estudantes de primeiro de Bacharelato do instituto compostelán Pontepedriña.
Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Etiquetas:
novas , Economía Social , marketing , eusumo , lácteo , cooperativa , queixo

Gústenos ou non, a idade da automatización chegou. "Bots", en forma de robots, chatbots, intelixencia artificial, aprendizaxe automática, interfaces de conversación, cyborgs e outros dispositivos intelixentes, están a se converter na interface preferente entre organizacións e humanos. Tanto é así que para 2020, segundo unha investigación de Gartner, estímase que o 80 por cento das nosas interaccións diarias serán con bots.

Etiquetas:
novas , Economía Social , intelixencia , servizos , sociais , chatbot , robot , artificial

A recuperación económica percíbese no consumo e no uso cada vez máis habitual do diñeiro de plástico. En 2017 realizáronse 3.429 millóns de operacións con cartóns nos comercios, un 12,6% máis que o ano anterior. En total moveron 135.246 millóns de euros, un 8,7% máis que en 2016. A pesar da guerra de comisións polo uso dos caixeiros, lanzada pola gran banca, utilizáronse 933 millóns de veces (+1,02%) e sacáronse 122.473 millóns de euros, un 3,5% máis.

Etiquetas:
novas , consumo , comercio , tendencias , compras , cartón

O novo Informe Mundial sobre o Desenvolvemento da auga da UNESCO afirma que 3.600 millóns de persoas viven actualmente en lugares que poden sufrir de escaseza de auga durante polo menos un mes ao ano. Tamén prevé que a cifra se elevará a cinco mil millóns, a metade da poboación mundial prevista de 10 mil millóns, para 2050. É unha consecuencia de que a industria, a agricultura e unha poboación crecente están a impoñer cada vez máis demandas no ciclo da auga. Ao mesmo tempo, o cambio climático está a agravar o problema ao causar secas e inundacións extremas, a miúdo facendo que as rexións áridas sexan aínda máis secas.

Etiquetas:
novas , tecnoloxía , xestión , escasez , auga , desalinización , rega