• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bases e convocatoria axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise da COVID19.Anualidade 2021

  BOP Nº 85 do 07/05/2021

Persoas beneficiarias.-

2.1. Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos, no momento da publicación desta convocatoria no BOP:

– Que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.

– Que a persoa teña a súa sede de actividade no municipio de Santiago de Compostela.

Extracto da O de 23/06/2021 establecen bases concesión subvencións a entidades sen fins lucro e entidades locais galegas realización festivais, ,feiras,mostras,certames artes escénicas e musicais ano 2021

DOG Nº 128 do 07/07/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Medidas de apoio ao sector cultural para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-2019.

Artigo 1.- Impulso ao financiamento do sector cultural

Dótase á Sociedad de Garantía Recíproca Audiovisual Fianzas SGR de recursos adicionais para convocar, en colaboración coas entidades financeiras que desexen participar, liñas de financiamento dirixidas a empresas os sector cultural por un importe de 780.000.000 euros:

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.470.0.

Concurso de ideas e proxectos Spin_up

Como líder desta iniciativa, a incubadora Uninova da Universidade de Santiago de Compostela (USC), organiza un concurso de proxectos innovadores destinado a toda a comunidade universitaria de Galicia, co obxectivo de recoller ideas innovadoras que ofrezan solucións a retos empresariais.

Spin_Up está liderado pola USC e impulsado pola Xunta, a través do Igape, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación Área Empresarial do Tambre, a Universidade do Porto e ANJE (Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios) de Portugal.