• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria de Axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá do Plan de Reactivación do Sector Turístico COVID-19 Anticipado de gasto. Anualidade 2020

RESUME DA CONVOCATORIA:

Primeiro-- Obxecto

O obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a mellora e innovación da restauración e da hospedaxe compostelás no novo contexto económico derivado da COVID-19, correspondentes á anualidade 2020 no marco do Plan de Reactivación do Sector Turístico aprobado polo Concello de Santiago con motivo da situación derivada da COVID-19.

Axudas a proxectos de investigación sanitaria translacional

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria extraordinaria das axudas do programa Translaciona COVID 19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, convocatoria que ten como finalidade apoiar a investigación sanitaria na súa vertente traslacional, co financiamento de proxectos, iniciativas ou ideas xurdidas dentro do Sistema público de saúde de Galicia no eido da investigación sanitaria, orientadas á prevención, diagnóstico ou tratamento da enfermidade COVID-19.

Orde IGD/980/2020, do 16 de outubro, pola que se convoca a concesión da distintivo Igualdade na Empresa correspondente ao ano 2020, e establécense as súas bases reguladoras.

Establecer as bases reguladoras da presente convocatoria, a fin de recoñecer e estimular o labor das empresas e entidades comprometidas coa igualdade, que destaquen pola aplicación de políticas de igualdade entre mulleres e homes nas condicións de traballo, nos modelos de organización e noutros ámbitos, como os servizos, produtos e publicidade da empresa.

 

O prazo de presentación de candidaturas será dun mes contado a partir do día seguinte
ao da publicación da presente orde no «Boletín Oficial do Estado».

Extracto de O.do 29 decembro 2020 establecen bases reguladoras subvencións para sufragar os gastos funcionamneto de entidades asociativas de cooperativas,sociedades laborais,c.e.de emprego e empresas de inserción e se convocan para o 2021

Entidades beneficiarias:

– As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.

– As asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Extracto da R. do 18 febreiro 2021 pola que se modifica a do 26 novembro 2020 pola que se apoban bases das axudas instalación,reforma a adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración ...

DOG Nº 35 do 22/02/2021

Concorrencia non competitiva

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

RDlei 6/2021 do 20 abril adoptan medidas complementarias apoio as empresas e autónomos afectados pola COVID19

BOE Nº 95 do 21/04/2021

 

Artigo único. -Concesión polas Delegacións de Economía e Facenda de aprazamentos e/ou fraccionamentos do pago de débedas de natureza pública, non tributarias nin aduaneiras, derivadas do reintegro e/ou reembolso de axudas ou de préstamos concedidos pola Administración Xeral do Estado, con dispensa de garantía.

 

Disposición final primeira.- Modificación da Real Decreto-lei 5/2021, do 12 de marzo,de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19.