• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Resolución do 18 marzo 2021 establecen bases concesión subvencións proxectos mellora eléctrica para autónomos e pemes con actividade comercio ,hostalaría ou artístico- recreativas ano 2021

DOG Nº 68 do 13/04/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

 Bases reguladoras e convocatoria

Extracto da resolución do 23 abril 2021 da publicidade acordo aproban bases de préstamos directos para financiamento empresarial de Galicia procede á súa convocatoria

DOG Nº 85 do 06/05/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

 Beneficiarias.-

Poderán ser beneficiarias aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

GOHU: PLATAFORMA INFORMATIVA XUNTA DE GALICIA CRISE COVID-19

Para seguir trasladando toda a información e os apoios dos que dispoñe para facer fronte a esta nova realidade, vén de poñer en marcha unha aplicación móbil (App), a través da plataforma Gohu, que facilitará estar máis preto do tecido empresarial e de todos os axentes que conforman o mercado laboral galego. Con esta iniciativa preténdese que poidan estar informados/as en todo momento das novidades que se produzan.

Webinar gratuito mundo post confinamento

Javier Rocamora é especialista en marketing e estratexia online, comercio electrónico, redes sociais, planificación de campañas e formación de equipos de venda.
Digámolo nunha frase corta: o mundo cambiou. Todos os medios de comunicación xeneralistas ou especializados, estánnos a advertir de que as cousas poderán tardar moito, incluso anos en volver a ser coma antes.
De feito, non volverán a ser coma antes ata que haxa unha vacina contra o covid-19 e esa vacina chegue a unha porcentaxe importante da poboación, no mellor dos casos poderá chegar no 2021.

Programa Eduemprende

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto convocar o concurso Eduemprende Idea 2020, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Axudas á dixitalización das pemes galegas

As axudas ás pemes van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.