• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Incentivos á contratación na empresa ordinaria

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
  • Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Programa a prol da contratación das mulleres desempregadas

As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda 7.000 euros por cada muller desempregada contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 22. As contías establecidas anteriormente incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

-No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

-Se a muller incorporada é unha emigrante retornada.

-Se a muller contratada é maior de 45 anos.

Esténdese o prazo para a presentación e ingreso de declaracións e autoliquidacións tributarias

No ámbito das competencias da Administración tributaria do Estado, os prazos de presentación e ingreso das declaracións e autoliquidacións tributarias daqueles obrigados con volume de operacións non superior a 600.000 euros no ano 2019 cuxo vencemento se produza a partir da entrada en vigor deste real decreto-lei e ata o día 20 de maio de 2020 estenderanse ata esta data. Neste caso, se a forma de pago elixida é a domiciliación, o prazo de presentación das autoliquidacións estenderase ata o 15 de maio de 2020.

Ampliación prazo solicitude axudas á creación escénica

1. Continuar a tramitación do procedemento de concesión de subvencións da Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2020.

2. Continuar o prazo de presentación de solicitudes por un período de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, resultando ampliado o prazo de presentación de solicitudes regulado na base quinta da citada resolución.

Proyectos tractores que modernicen la industria española

O obxectivo deste chamamento é, segundo o secretario xeral de Industria e Peme, Raül Blanco, “mobilizar proxectos verdadeiramente tractores con capacidade de transformación sectorial e con amplo impacto sobre a produtividade, o emprego e o territorio. Tamén se terán en conta os obxectivos de dixitalización e transición ecolóxica marcados pola Comisión Europea.

Convovadas as axudas de Agacal para realización de accións de cooperación nos sectores agroalimentarios,agrícola e forestal

O desenvolvemento pode entenderse tanto na incorporación de novidades como na aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías existentes en condicións onde tradicionalmente non se utilizaron anteriormente. Con todo, os proxectos xa realizados en territorios e condicións similares non poderán ser financiados. En ningún caso financiaranse proxectos de investigación básica ou fundamental.

Beneficiarios e requisitos da convocatoria.-