• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Resolución do 29 marzo 2021 establecen bases concesión axudas para actuacións de corrección impactos paisaxísticos 2021

DOG Nº 68 do 13/04/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index).

Bases reguladoras

As bases reguladoras son as contidas na Resolución do 29 de marzo de 2021, que abrangue tanto as bases reguladoras como a convocatoria para 2021 (código de procedemento MT02A).

Persoas beneficiarias

Bases e convocatoria axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise da COVID19.Anualidade 2021

  BOP Nº 85 do 07/05/2021

Persoas beneficiarias.-

2.1. Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos, no momento da publicación desta convocatoria no BOP:

– Que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.

– Que a persoa teña a súa sede de actividade no municipio de Santiago de Compostela.

Extracto da O de 23/06/2021 establecen bases concesión subvencións a entidades sen fins lucro e entidades locais galegas realización festivais, ,feiras,mostras,certames artes escénicas e musicais ano 2021

DOG Nº 128 do 07/07/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Pagos fraccionados no Imposto de Sociedades

Os contribuíntes aos que resulte de aplicación a ampliación de prazos hasta o 20 de maio regulada no Real Decreto 14/2020 de 14 de abril poderán aplicar os pagamentos fraccionados descritos no artigo 40 de lei 27/2014 do Imposto de Sociedades.

Os contribuíntes que non tiveran dereito a opción extraordinaria descrita no apartado anterior, poderán aplicaran aplicala á liquidación que debe efectuarse nos primeiros 20 dñias naturais do mes de outubro de 2020.

Axudas para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a Covid-19

As pemes galegas poderán solicitar os apoios que ofrece para poñer en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.

Con achegas que poderán acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas.

Axudas ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego

Poden ser beneficiarias empresas e persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación de emprego, que cumpran os requisitos que, para ambas, establece o artigo 3 das bases reguladoras.

A contía da axuda para persoas traballadoras será entre 12 e 15 euros por xornada completa efectiva de suspensión/redución de contratos, segundo o tramo de base de cotización por continxencias comúns a que pertenza a persoa traballadora.

No caso das axudas ás empresas afectadas polos ERTE para compensar os custos do plan de formación a axuda establécese entre 7,50 e 9 euros/hora.

Subvencións ao impulso do sector escénico galego

Contías das subvencións e límites máximos:

Modalidade 1, subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: proxectos que non superen os 80.000 euros de orzamento, co límite do 80 % do orzamento e cunha contía máxima por beneficiario de 40.000 euros.

Modalidade 2, subvencións ao sector no ámbito da danza e artes en movemento: proxectos que non superen os 20.000 euros de orzamento, co límite do 80 % e cunha contía máxima por beneficiario de 15.000 euros.