• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE BASE TECNOLOXICA (IEBTs)

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 25 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR340E)

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2024 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan nesta orde para cada modalidade de axuda.

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas, dentro do primeiro ano de actividade:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.

c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

d) Apoio á función xerencia

Documentación requerida

As solicitudes deberán presentarse no formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo desta orde, e deberán ir acompañadas da documentación, común e específica.

Documentación xeral para todas as axudas:

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Quedan exceptuadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) Escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas, cando se trate de persoa xurídica.

 

Documentación específica:

-Subvención á creación directa de emprego estable:

I. Documentación acreditativa da exclusión social ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia, da persoa traballadora contratada.

II. Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

III. Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

IV. Documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun sexo diferente ao rexistrado ao nacer, no caso de solicitar o incremento por persoa trans.

V. No caso de que as persoas traballadoras se opuxesen á comprobación de datos, documentos acreditativos das condicións necesarias para que o contrato sexa subvencionable.

-Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade: Facturas ou outros documentos acreditativos e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores e acredores dos gastos necesarios para o inicio da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

 

-Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

I. Libro de familia ou certificado do Rexistro Civil, co nome das persoas titulares da familia e dos fillos e das fillas menores de doce anos. De ser o caso, documentos acreditativos do carácter monoparental da familia.

II. No caso de axuda por coidado de maiores de 70 anos e/ou dependencia ou discapacidade, certificación da acreditación do grao de parentesco e acreditación do empadroamento no mesmo enderezo.

III. Facturas e/ou recibos de haberes ou outros documentos acreditativos do gasto e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, das mensualidades xa aboadas na data da solicitude. Na súa falta, orzamentos, facturas pro forma ou outros documentos acreditativos do custo da mensualidade, da gardaría e/ou do centro especializado ou da persoa coidadora que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

 

-Subvención ao apoio á función xerencial: Facturas, contratos ou outros documentos acreditativos da contratación das medidas de apoio en que conste o seu importe e o correspondente xustificante bancario do seu pagamento. Na súa falta, orzamento, factura pro forma ou outro documento acreditativo en que conste a previsión do custo que se terá en conta para o cálculo da subvención.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

Requisitos

O proxecto empresarial debe estar cualificado como IEBT.

A maioría da titularidade da empresa debe corresponder ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT.

Para poder acceder ás distintas modalidades de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.

Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.