• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O CERSIA acolle unha xornada formativa sobre axuda humanitaria e cooperación desde os concellos

O curso ‘Saber doar. A axuda humanitaria desde os concellos’ estaba dirixido ao persoal político e técnico da administración local, pero tamén ao tecido asociativo. O obxectivo era dar a coñecer como se debe planificar, xestionar e coordinar a axuda en situacións de emerxencia, como a que se producía hai xusto un ano pola DANA de Valencia, ou derivadas de conflictos internacionais. Nese sentido, no curso ofrecéronse as pautas para atender as necesidades reais da poboación, e evitar que os problemas na xestión da axuda poidan traducirse nun agravamento da crise.

O Concello de Santiago busca acadar un modelo máis sustentable e eficiente de distribución de mercadorías coa posta en marcha da plataforma loxística

Resolver una situación que vén de atrás

A situación da distribución de mercadorías na cidade histórica de Santiago de Compostela é, na actualidade, unha das principais preocupacións das administracións, da veciñanza e das empresas da cidade.

Isto débese especialmente ao seu impacto na calidade do aire, á ocupación das vías públicas, ao perigo que supón nunha zona peonil ateigada de peóns en determinadas épocas do ano, ao horario de distribución limitado e aos danos ao patrimonio arquitectónico dunha cidade Patrimonio da Humanidade.

A Maker Faire Galicia impulsa o debate sobre o futuro industrial sostible na súa cita do 31 de outubro en Santiago

A sesión inaugural contará coa participación de María Rozas, do Concello de Santiago, e Covadonga Toca, en representación do IGAPE, xunto co equipo da Maker Faire Galicia.

A mañá estará protagonizada por relatorios centrados na sustentabilidade, a innovación enerxética e os avances científicos.

O Concello de Santiago participa na asemblea xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local

O Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación e Emprego, IMPEFE, entidade socia da rede estatal foi o anfitrión e o encargado de organizar unha axenda completa ao redor da intelixencia artificial e a participación cidadá.  
A axenda da mañá permitiu debater tamén sobre a participación cidadá nunha dinámica de traballo dirixida polo responsable da área de Participación do Concello de Ciudad Real, César Bernal, e o xerente da Rede Kaleidos, Jorge Ramón Sobrón.

Intelixencia artificial para o desenvolvemento local

Goretti Sanmartín defende a axenda urbana como unha oportunidade para planificar a Compostela dos próximos dez anos, no marco do III Foro Urbano estatal

“A axenda urbana ten unha importancia especial á hora de deixar atrás axendas curtopracistas e planificar cidades e concellos no medio prazo, con proxectos que superen un único mandato e, no noso caso, que transformen Compostela a dez anos vista” asegurou Goretti Sanmartín no inicio da súa intervención.

O Concello impulsa un plan de formación en seguridade alimentaria e facturación electrónica dirixido ao sector hostaleiro

O programa presentado hoxe centrarase en tres cuestións clave para o sector hostaleiro, nas que houbo modificacións lexislativas recentemente: a adaptación ao regulamento Verifactu, a mellora da calidade e seguridade alimentaria mediante a implantación do sistema de Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico (APCC); e a adaptación á Lei 1/2025 de prevención das perdas e desperdicio alimentario.

Plan de formación para o sector da hostalería no Concello de Santiago de Compostela

Este actividade ten por obxecto a realización dun plan de formación especializado dirixido ao sector hostaleiro de Santiago de Compostela, co fin de:

  • Facilitar a adaptación ao Regulamento Veri factu aprobado polo RD 1007/2023.
  • Mellorar a calidade e seguridade alimentaria mediante a implantación do sistema APPCC.
  • Contribuír ao cumprimento da Lei de prevención das perdas e o desperdicio alimentario.

 PLAN FORMATIVO

O Plan Integrado de Emprego do Concello de Santiago remata con máis dun cento de mulleres participantes e unha inserción laboral de case o 50%

En total, impartíronse 20 cursos distintos que supuxeron case 500 horas de formación en temáticas tan diferentes como intelixencia emocional e traballo en equipo, inglés profesional, servizo de facturación e atención á clientela, empoderamento feminino no ámbito laboral; manipulación de alimentos ou ofimática. 

En marcha unha nova convocatoria dos Bonos Corazón, que estarán dispoñibles para a súa descarga a partir do próximo xoves

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, deu conta dos prazos e condicións dos Bonos Corazón, unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia. A tenenta de alcaldesa lembrou que esta convocatoria, que conta cun orzamento de 300.000 euros, “súmase á executada no mes de maio, de maneira que o Concello destinou un total de 600.000 euros aos Bonos Corazón neste ano, 150.000 euros máis que en 2024”.

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" visibiliza en outubro o traballo da Fundación Andrea en colaboración con Mimolett

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou este venres a tenda de roupa Mimolett, que este mes de outubro centra a campaña ’12 comercios, 12 sensibilidades' para darlle visibilidade ao traballo da Fundación Andrea. 
A tenda Mimolet mantén durante este mes un punto informativo sobre a Fundación Andrea, no que tamén se poderán adquirir produtos solidarios en favor da entidade. A proposta complétase con actividades para o público familiar e sorteos.