• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberto desde o 2 de setembro o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social | Concello de Santiago de Compostela

O Boletín Oficial da Provincia publicou as bases da convocatoria das axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social de Santiago, entre elas as cooperativas do concello, polo que o prazo para a súa solicitude comeza o martes 2 de setembro. Estará aberto ata o 1 de outubro de 2025.

IV EDICIÓN PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030   é premiar ás empresas que se distinguiron polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, da economía circular, da innovación, da comercialización en produtos e servizos culturais, dos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, das boas prácticas de empresas de economía social e, tamén, das boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.

SUBVENCIONS DESTINADAS A APOIAR AS EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Establécense as bases reguladoras das “Axudas a empresas de Economía Social” para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa,
sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido
na Lei de Economía Social de Galicia.

“Compostela. Capital da Biotecnoloxía”: o Concello e a Área Empresarial do Tambre colaboran para atraer talento e investimentos ao biopolo da Sionlla

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a campaña “Compostela. Capital da Biotecnoloxía”, nunha rolda de prensa na que tamén participou o presidente da Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés. A tenenta de alcaldesa enmarcou a iniciativa “na necesidade de seguir reivindicando o potencial económico de Santiago, a nosa capacidade de xerar talento e de atraer investimentos e proxectos innovadores”.

#FeitoCoaEconomíaSocial: comeza a campaña de comunicación do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela

Os vídeos amosan de maneira accesible como a economía social cobra forma a través de iniciativas con impacto real e sostido no tempo. Desta maneira, a campaña convida a coñecer de preto a diversidade de proxectos que fan cidade desde os valores da cooperación, a equidade e a sostibilidade.

O CERSIA avanza no codeseño do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela



 Ao longo da sesión, representantes do tecido da economía social compostelá debuxaron mapas de experiencias, identificaron obxectivos e comezaron a prototipar propostas que contribúan á mellora da competitividade, da visibilidade e da contorna do sector.

Foi unha xornada para pensar desde o colectivo, dende a experiencia e coa mirada posta no futuro.

María Rozas reivindica o “emprendemento sostible e con propósito” na apertura do programa Faino en Santiago

O programa “Faino en Santiago” é unha iniciativa do departamento municipal de Promoción Económica que ten como obxectivo construír unha economía máis próxima e xusta a través do apoio a proxectos que sexan sostibles económica, social e ambientalmente. A actividade comezou cunha mesa de debate na que participaron a concelleira María Rozas, a directora xeral de Emprego Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño; a técnica de EspazoCoop, Rosa Álvarez Bernárdez; e a técnica do departamento municipal de Promoción Económica, Carme Casado.

Faino en Santiago: o Concello aposta polo “emprendemento sostible e con propósito”

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou o programa Feito en Santiago acompañada por Borja Iglesias e Teresa Gutiérrez, fundadores da cooperativa Falar a Mare que se encarga do desenvolvemento do programa. A tenenta de alcaldesa explicou que”o obxectivo do Concello é acompañar ás persoas que queiran emprender, e que queiran facelo apostando por modelos de negocio rendibles pero tamén sustentables”.