• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

En marcha unha nova convocatoria dos Bonos Corazón, que estarán dispoñibles para a súa descarga a partir do próximo xoves

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, deu conta dos prazos e condicións dos Bonos Corazón, unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia. A tenenta de alcaldesa lembrou que esta convocatoria, que conta cun orzamento de 300.000 euros, “súmase á executada no mes de maio, de maneira que o Concello destinou un total de 600.000 euros aos Bonos Corazón neste ano, 150.000 euros máis que en 2024”.

Santiago investirá 14 ,5 millóns para transformar o noroeste da cidade co apoio dos Feder

“Compostela acaba de obter unha importante subvención de fondos europeos que nos permitirá impulsar unha cidade máis sustentable, accesible e inclusiva. Suporá investir 14,5 millóns na transformación da zona noroeste da cidade para reverter a situación de vulnerabilidade e menor dinamismo”, subliñou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en referencia a ámbitos como a Almáciga, Vite e Salgueiriños.

A Fundación Andrea e Mimolett, protagonistas da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” no mes de outubro

A tenenta de alcaldesa puxo en valor o traballo que desenvolve a Fundación Andrea “apoiando a ducias de familias nos seus momentos máis duros, non só do punto de vista económico, senón mesmo tamén sendo rede de salvación e soporte emocional”. María Rozas reiterou o orgullo do departamento municipal de Comercio “por participar nunha campaña impulsada por mulleres emprendedoras e solidarias, que son o exemplo dos valores engadidos que tén o comercio tradicional para Compostela”.

Volven os Bonos Corazón: máis orzamento e dúas convocatorias, a primeira delas xa en maio

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección da entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalaría local, a través dos Bonos Corazón Compostela 2025. É o primeiro paso para a posta en marcha da campaña, que conta cun orzamento total de 600.000 euros que se distribuirán en dúas fases: a primeira a comezos de maio e a segunda en outubro.

O goberno de Santiago pecha un acordo de orzamentos para 2025

Así, o executivo local explica que se trata dun orzamento que se achega aos 146 millóns de euros. Os gastos correntes ascenden a uns 133 millóns e os investimentos reais sitúanse nos 13 millóns. Complementariamente ao orzamento, preparouse un expediente modificativo para achegar algo máis doutro millón de euros. 

Compostela acolle a Creafogar, o primeiro evento efémero de interiorismo con marcas galegas

A cidade de Santiago será o escenario de Creafogar, un evento innovador no que participan máis de 150 marcas galegas. A presentación oficial tivo lugar nunha rolda de prensa organizada polas interioristas Almudena Rodríguez, DenaDinteriores, e Beatriz Barril, Spacio-B.

A alcaldesa Goretti Sanmartín anima a "tomar consciencia" á hora de escoller onde mercar

"Estes premios deben servir para que a nosa veciñanza e o tecido socioeconómico en conxunto tome consciencia do significado das súas escollas mercantís, do que nos xogamos cando eliximos onde mercar, a que empresa chamar ou que produto seleccionar", afirmou na clausura do acto.

A Praza Roxa acolle mañá, día 26 de xuño, o Mercado das Alfaias "para poñer en valor os produtos ecolóxicos e locais e animar a un consumo responsable"

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou o venres pasado o Mercado das Alfaias, nunha rolda de prensa na que tamén participou Lolo Rey, en representación da asociación Nonéomesmo. A tenenta de alcaldesa explicou que o obxectivo desta iniciativa "é reivindicar o traballo dos produtores, dos labregos e labregas, e a calidade dos seus produtos, das súas froitas e verduras que teñen un valor inmenso desde o punto de vista económico, pero tamén do punto de vista social ou ambiental".

Continúa a boa acollida de "TER É MANTER", que recibe 74 solicitudes para este 2024

O pasado mes de xaneiro o Consorcio de Santiago lanzaba unha nova convocatoria do programa "Ter é Manter" de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas, e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, cun orzamento de 800.000 euros. Unha vez finalizada a data límite de presentación de solicitudes, o 12 de febreiro, a Oficina Técnica do Consorcio de Santiago contabilizou un total de 74 propostas.