O Concello de Santiago e Espazocoop colaboran nun programa de Formación Especializada de Cooperativas
A Unión de Cooperativas Espazocoop, en colaboración co Concello de Santiago, pon en marcha un Programa de Formación Especializada de Cooperativas, co obxectivo de contribuir á consolidación das empresas de economía social e divulgar o seu labor. Haberá tres cursos especializados, con inscrición gratuíta.

O programa de Formación enmárcase no convenio de colaboración que o Concello, a través do departamento de Promoción Económica, tén asinado coa Unión de Cooperativas Espazocoop para desenvolver un programa máis amplo de actuacións a favor do cooperativismo, denominado “Impulso dun Ecosistema Emprendedor na Economía Social”.
O obxectivo é consolidar as empresas de economía social, mediante formación que contribúa á capacitación das persoas e á mellora continúa das empresas; divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes; e potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes para establecer alianzas futuras.
O programa ofrece 3 cursos, de carácter gratuíto e de carácter presencial, que se desenvolverán nas instalacións de Cersia Empresa.
O primeiro dos cursos están centrado na xestión laboral e societaria en cooperativas, e celebraráse os días 13 de maio e 10 de xuño. A segunda actividade, prevista para os días 20 e 27 de maio, estará centrada no marketing dixital para cooperativas, e o terceiro dos cursos, o 3 de xuño, abordará a temática da intelixencia artificial.