• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Foro Niños de Emprego no CERSIA

Data de escritura

Equilibrar os desaxustes entre a oferta e a demanda de emprego. Este é o gran reto dun mercado laboral que debe adaptarse aos novos tempos e á cambiante composición demográfica da poboación.

Esta mañá celebrouse no CERSIA o terceiro dos grandes foros que Promoción Económica está a coordinar para mapear a realidade da nosa contorna. Nel, empresas de xestión de talento, empresas de traballo temporal, universidade e entidades de contratación do terceiro sector déronse cita para radiografiar o empelo local, os salarios e a relación do binomio formación-cupación.

Segundo puido concluírse, nun contexto cambiante no que as persoas demandantes de emprego teñen cada vez máis capacidade de decisión, a actitude e as habilidades brandas son as principais variables diferenciadoras á
hora de enfrontarse a procesos de selección e mellora.
Á hora de definir as condicións salariais e laborais, a cualificación é esencial, as habilidades son diferenciais, o xénero – desgraciadamente - segue sendo un factor de discriminación e o idadismo, aínda que persiste, sucumbe en moitos
casos ante a necesaria procura dun talento que necesita de experiencia e, por tanto, de perfís de máis idade. Tanto é así, que xa non é raro atopar contextos especializados na inserción laboral de persoas maiores de 55 anos.
Abordar unha política de emprego seria e solvente, conclúese, esixe dar maior relevancia aos oficios, enfocar a formación cara á ocupación, ensinar á xente para enfrontarse con valentía á vida laboral e atender ás necesidades dunha nova poboación imprescindible para a ocupación en sectores estratéxicos e esenciais: a poboación migrante. Dar resposta á homologación das súas competencias e capacitarlles para desenvolver con dignidade e suficiencia certos traballos resulta crucial. Como tamén o é poñer ao seu alcance os medios que precisan para vivir e para poder responder as súas ocupación con garantías. Foi así como, transversalmente, a vivienda e o transporte entraron a formar parte das variables definidas como imprescindibles para garantir unha mellor empregabilidade na nosa contorna.
Seguramente Mali teña un papel tan importante no futuro do noso emprego como nós o tuvemos no futuro do emprego da Arxentina. E é que na era de intelixencia artificial, os movementos migratorios seguen a ser determinantes para a cobertura de empregos estratéxicos.