A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" visibiliza en outubro o traballo da Fundación Andrea en colaboración con Mimolett
A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" visibiliza en outubro o traballo da Fundación Andrea en colaboración con Mimolett

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou este venres a tenda de roupa Mimolett, que este mes de outubro centra a campaña ’12 comercios, 12 sensibilidades' para darlle visibilidade ao traballo da Fundación Andrea.
A tenda Mimolet mantén durante este mes un punto informativo sobre a Fundación Andrea, no que tamén se poderán adquirir produtos solidarios en favor da entidade. A proposta complétase con actividades para o público familiar e sorteos.
Na súa visita, a tenenta de alcaldesa estivo acompañada pola responsable de Mimolett, María Fraga, e pola presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca.