Extracto da orde do 31 decembro 2020 pola que se establecen bases reguladoras e convocatoria para 2021 das axudas destinadas ao impulso da boa gobernanza nas CMVMC
DOG Nº 26 do 09/02/2021
Beneficiarias:
1. As beneficiarias serán as CMVMC.
2. As beneficiarias deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Extracto da R. do 27/01/2021 pola que se establecen bases para a concesión de subvencións para mellora das infraestructuras dos establecementos turísticos e de aloxamento /restauración de Galicia
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, en base aos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Extracto da R. do 15/01/2021 pola que se establecen bases axudas actuación mellora paisaxistica e de establecementos de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago ano 2021.
DOG Nº 23 do 04/02/2021
Beneficiarios/as.-
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
Categoría 1ª:
a) Os concellos de Galicia polos que discorra algún tramo físico terrestre do Camiño de Santiago.
Aberta II Convocatoria axudas á dixitalización para pemes no marco do proxecto europeo S3FOOD
A axuda é en forma de subvención ao 100% dos custos do proxecto cun máximo de 60.000 € por peme participante e pode solicitarse ata o 10 de marzo de 2021 ás 17 horas CET.
Requisitos para solicitar os cheques:
Webinario BREXIT.Impacto aduaneiro,efectos fiscais e medidas de apoio á empresas.
Webinarr día 12 de febreiro as 10.00 horas
Ferramentas de Financiamento Ético a Alternativo
Datas: 23 de febreiro ao 16 de marzo de 2021
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de febreiro e 16 de marzo de 11:00 a 12:30 h
Duración: 40 horas
Convocatoria Certame Cooperativismo no Ensino 2021
Establécense as seguintes modalidades de participación:
- Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e educación especial.
- Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
- Proxectos empresariais cooperativos: dirixidos ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
O orzamento total ascende a 28.000 euros.
Convocatoria Premios á Cooperación 2021
Os premios establecidos distinguen nas seguintes categorías:
- Aos valores cooperativos
- Ao mellor proxecto cooperativo novo
- Á traxectoria cooperativa
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2021.
Lánzate a emprender en cooperativa.Avanzado
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA. AVANZADO
Datas: do 23 de febreiro ao 22 de marzo de 2021







