16 de decembro. Presentación da Web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Este portal nace coa intención de ser o principal medio de comunicación do Ceesg, un espazo de encontro, de diálogo, de participación e de creación conxunta de Educación Social, unha comunidade aberta e democrática de aprendizaxe e educación ao longo da vida, e, ao mesmo tempo, un instrumento áxil e útil.
Do 30 de novembro ao 02 de decembro: EIBTM de Barcelona
O SCCB terá un espazo no mostrador de Turgalicia, e tamén estará presente no mostrador da Spain Convention Bureau, asociación que reune a 49 destinos de congresos de todo o Estado, e onde se ofrecerá información da nosa cidade. Ambos mostradores están no stand de Turespaña.
29 de novembro: xornada informativa "Condicións de acceso aos novos certificados de profesionalidade"
Na xornada analizarase:
- A formación dos novos certificados de profesionalidade e os seus criterios de acceso.
- Orientación para poder cursar certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
- As probas de avaliación en competencias de nivel 2 e 3.
21 a 24 de novembro. San Sebastián Gastronomika
O día 24 estará adicado á relación entre Turismo e Gastronomía.
19 de novembro: Asamblea Xeral de "Saborea España"
Na Asamblea Xeral de Saborea España tratarase o regulamento para o uso da marca, continuarase traballando no desenvolvemento do concepto que se quere transmitir e promocionar, analizando os requisitos que deben cumprir tanto os destinos como as empresas asociados, e traballarase no Plan de Acción a desenvolver no 2011. Ademáis, o xoves, Saborea España fará unha presentación ao Goberno de Canarias.
17 de novembro: reunión da Asociación Española de Destinos Gastronómicos
Na reunión de Destinos Gastronómicos trataranse os requisitos que deben cumprir os destinos que queiran integrarse na Asociación e analizaranse as novas candidaturas propostas. Os membros promotores da iniciativa son: Santiago de Compostela, Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid. A mediados de 2010 incorporáronse outras cinco cidades: Albacete, Badaxoz, Cidade Real, Valencia e Zaragoza. O obxectivo da asociación é contar con presenza en todas as Comunidades Autónomas.
16 de novembro. II Xornadas galegas sobre empresas de inserción laboral
Nas II Xornadas galegas sobre empresas de inserción laboral está previsto tratar aspectos clave para este tipo de empresas como son a figura dos itinerarios de inserción e a necesidade da concertación público-privado, poñendo especial interese na fórmula de reserva de mercado e na inclusión de cláusulas sociais na contratación pública.
Do 8 ao 11 de novembro. World Travel Market
Turismo de Santiago, que terá un mostrador propio no stand de Turespaña, ten xa concertados múltiples encontros con touroperadores e diferentes entidades para promocionar a cidade coma un destino internacional de calidade cun amplo abano de atractivos, interesantes para diferentes segmentos, como o turismo cultural, gastronómico, de natureza, escapadas, congresos e incentivos...
Do 5 ao 9 de novembro. Hostelco
Turismo de Santiago promociona a cidad como destino gastronómico, en Hostelco, un Salón de referencia para o sector, que se celebra en Barcelona do 5 ao 9 de novembro, e que segundo os cálculos da organización, contará coa participación de 80.000 profesionais.
Santiago está presente neste evento profesional dentro do grupo Saborea España, da que forma parte como membro da Asociación Española de Destinos Gastronómicos, xunto con Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid.