• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Preséntase a segunda edición de Compostela Somos Cultura, que ten como obxectivos apoiar o sector e incentivar o consumo de produtos culturais a nivel local

Nesta segunda edición están participando case 50 artistas, con accións puntuais en diversos espazos de Santiago. Desde o 10 de outubro véñense realizando distintas gravacións que agora se editarán para lanzar nas redes sociais. Son, segundo sinalou a concelleira de Acción Cultural, "como anuncios" promocionais de Compostela, Até o de agora graváronse cinco das sete intervencións culturais programadas, todas elas de diferentes disciplinas artísticas. Está previsto, segundo informou Xacobe Martínez, que se comecen a publicar en internet na última semana de outubro.

O Concello e a USC organizan a III Feira de Emprendedoras do 25 ao 30 de outubro

O programa completo da Feira, que chega neste 2021 á súa terceira edición, foi presentado en rolda de prensa polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; pola vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo; e pola técnica da USC Eva López.

Cambia o horario e sistema de impartición do curso “Retos do Comercio Local”

Para poder ofrecer un horario máis flexible e adaptado á demanda e ás necesidades do pequeno comercio, así como permitir que a formación chegue ao máximo número de profesionais, o módulo formativo terá lugar os Martes e Mércores de 19:30 horas a 21:30 horas dende o 26 de Outubro até o 24 de Novembro. Ademáis poñerase a disposición das persoas inscritas as gravacións das sesións formativas para a súa consulta.

Etiquetas

A Xunta de Goberno aproba a segregación e concesión demanial da parcela onde se construirá o biopolo, así como a licenza de obras do Centro de Servizos Innovadores

Mediante o acordo de Xunta de Goberno, a parcela EQ-02 quedaría dividida en dúas. A cedida a Sionlla Biotech, denominada CSIEB, ten forma de triángulo obtusángulo redondeado no vértice sur. Destinada a equipamento e de natureza demanial (ben de dominio publico), conta con 10.233 metros cadrados de superficie e 3.000 metros cadrados de edificabilidade máxima. O se valor catastral é de 90.943,61 euros.

A realidade aumentada engade a súa maxia ao turismo

As cidades e construcións máis fascinantes empezaron a incorporar a realidade aumentada ás súas visitas guiadas. É o caso, por exemplo, das ruínas de Éfeso en Turquía ou da Acrópole de Atenas. O seguinte paso, aparentemente, non só é que todos os puntos máis turísticos do globo póidanse gozar utilizando a realidade aumentada.

Madrid busca autores para encher de versos os seus pasos de peóns

Agora é cando o Concello de Madrid e o colectivo artístico Boa Mistura están a buscar aos poetas que encherán de versos a cidade para partir do próximo outono. A este plan de facer do chan un momento de lectura chamárono ‘Versos ao paso’. Di o Concello que a súa intención é «construír cidade, entre todos, escribindo e camiñando».