• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A alcaldesa agradece á cidadanía compostelá o comportamento exemplar e o civismo amosado durante o apagón

Sanmartín tivo, así mesmo, un agradecemento especial “ao persoal de todos os servizos que atenderon a emerxencia, nomeadamente ao que acudiu estando libre para reforzar a atención necesaria. Destacamos o traballo da Policía Local, dos bombeiros, do persoal de Servizos Básicos e  Obras ou dos servizos informáticos, entre os nosos departamentos, e dos servizos de emerxencia do resto das administracións”.

Funcionamento con normalidade dos servizos fundamentais 

O Concello de Santiago participa no IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía en Valencia

Durante a segunda xornada do COEP Congress, falouse de como a dixitalización nos pode axudar a alcanzar sociedades máis abertas e conectadas nunha mesa redonda formada por Helen Darbishire, directora executiva de Access Info Europe; quen comentou que "desde a sociedade civil esíxese un dereito fundamental como é o dereito á información e, a pesar de ter xurisprudencia, non temos unha Lei Orgánica en España".

A rede Kaleidos, da que forma parte Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía do 27 ao 29 de marzo

A Fundación Kaleidos Rede, da que forma parte o Concello de Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía (COEP congress) que, baixo o lema ‘Gobernanza local e Axenda 2030: Comunicar para entender’, se celebrará os próximos días 27, 28 e 29 de marzo no Espazo Sociocultural Petxina, na cidade de Valencia.

Un encontro de tres días para compartir debate, análise e reflexións orientadas á acción sobre políticas locais de proximidade, participación cidadá e tendencias de comunicación no marco da Axenda 2030.

En marcha o proxecto piloto que prestará asistencia á cidadanía á hora de realizar trámites na sede electrónica do Concello

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo presentou esta mañá nas dependencias da Concellería de Medio Rural un proxecto piloto de asistencia remota á cidadanía para facilitar o uso da Administración Electrónica. Desenvolvido polo Departamento municipal de Modernización da Administración Local que dirixe a concelleira Marta Abal, o obxectivo deste novo servizo é achegarse á cidadanía con máis dificultades para acceder aos servizos en liña e loitar así contra a fenda dixital.

Benidorm quere engadir elementos intelixentes ao seu mobiliario urbano

Tamén se expón a compartición de instalacións para despregamento de tecnoloxía 4 G e 5 G mediante acordos con operadores de telecomunicacións, a posibilidade de incorporar estacións de recarga de vehículos eléctricos, e a inclusión dunha bolsa de investimento tecnolóxico para adecuar instalacións.