• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello lanza o seu Plan Marco de Reactivación Económica do municipio, con 23 medidas e unha dotación inicial de cinco millóns de euros

O alcalde lembrou que a estas medidas vanse sumar as que están deseñando as concellarías de Turismo e de Acción Cultural, que se presentarán nun futuro próximo. Adiantou que se está completando o plan en materia turística, destacando que se trata dun sector moi importante para Santiago, "porque emprega a miles de traballadores e porque supón, prácticamente, o 20% do PIB da nosa cidade".

Sánchez Bugallo amosa a súa satisfacción pola inclusión da futura estación do AVE de Santiago no proxecto de orzamentos do Estado, cun investimento superior aos 30 millóns de euros

Unha noticia "fantástica" sinalou Sánchez Bugallo. "É unha infraestrutura pendente, que ten que completar o conxunto de actuacións que estamos facendo a Xunta de Galicia, a administración central do Estado e o propio Concello, en todo o ámbito de Clara Campoamor, a estación intermodal, e faltábanos a estación de tren". A que hai, engade o rexedor, xa "non responde ás necesidades de Santiago, nin as necesidades dos tres millóns de usuarios que ten cada ano". "Precisamos ter unha estación de tren á altura da terminal de autobuses e á altura do resto de infraestruturas.

Resumo do " Realdecreto-lei 11/2021, de 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos "

 O real decreto-lei inclúe nove artigos, distribuídos en dous títulos, sete disposicións adicionais, dúas disposicións transitorias, cinco disposicións finais e un anexo.

 TÍTULO I

V Acordo Social en Defensa do Emprego

 Artigo 1.- Prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego de forza maior baseados en causas relacionadas coa situación pandémica e medidas extraordinarias en materia de cotización.

A enerxía solar sen conexión a rede avanza a todo ritmo no mundo

O informe indica que o mercado destes dispositivos é cada vez máis dinámico. Estima que desde 2010 vendéronse 130 millóns de dispositivos solares sen conexión a rede en todo o mundo, que van desde pequenas lanternas portátiles ata sistemas domésticos de máis de 100 watts, capaces de alimentar televisores, ventiladores e outros aparellos. As vendas realizáronse en máis dun centenar de países e levaron por primeira vez iluminación e electricidade a parte dos 2.200 millóns de persoas que aínda carecen de conexión a rede ou de electricidade fiable no mundo.

Apps e chatbots, unha tendencia á alza para comunicarse co hotel

Os viaxeiros de negocio prefiren manter unha comunicación directa co hotel, sen intermediarios. De feito, un 44,5% afirma que usan unha  app ou ferramenta  chatbot ou de mensaxería instantánea. Á hora de poñerse en contacto coa recepción, o email é a opción preferida (38,9%), seguido das chamadas (34,3%) e o chat (22,5%).

Celebramos no CERSIA Empresa o primeiro "Almorzo do Bo Facer"

Neste primeiro almorzo creamos un espazo distendido, activo e de cohesión onde as cooperativas e resto de entidades presentes puideron expresar libremente as súas opinións de cara á creación dun listado de propostas e ideas colaborativas e cooperativas que mostrar ao Concello e que poidan favorecer e fortalecer o sector da economía social compostelá.

Novos enfoques para as compras públicas

Pero conseguir isto, significa simplificar os procesos internos para eliminar ineficiencias, eliminar os obstáculos que desaniman aos provedores para formular unha oferta e pasar dun proceso que se basea unicamente na xestión de riscos e o cumprimento dos requisitos legais a outro que, sendo xusto, equitativo e completamente legal, poida responder mellor aos desafíos e incluír ciclos de retroalimentación e mellora.

Lánzase unha plataforma aberta de información e datos xeográficos en tempo real

Isto posibilitará que terceiros (institucións, como axencias espaciais nacionais, PEMES e novas empresas) cren servizos empresariais innovadores baseados en datos de satélites, con múltitude de aplicacións en campos tan diversos como o control de pragas na agricultura, a prevención de lumes no monte ou o inventario de recursos cinexéticos.