Cursos outubro 2010: Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito
O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas. Ademais da formación, proporcionará atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementarase cunha tutoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao final do curso.
Concurso de promoción comercial Volta ao cole
O programa Volta ao cole ten como obxectivos potenciar as compras nos estabelecementos comerciais na cidade durante o outono; promover a adaptación dos estabelecementos comerciais á situación e cambios do mercado actual; e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción das necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras. O outono é un período onde se realizan compras importantes por dous motivos: o comezo dunha nova estación, despois das vacacións e da calor estival, e o comezo do curso escolar; circunstancias que derivan na ne
Talleres de Crecemento e Consolidación Empresarial
Estes Talleres permitirán á empresa, iniciarse e/ou reforzarse nas seguintes áreas de interese:
- Xestión Empresarial e Marketing
- Recursos Humanos e Estrutura Organizativa
- Innovación 2.0/TIC
- Negociación Bancaria e Financiamento
- Comunicación Empresarial
Os Talleres baséanse nun método de traballo práctico e interactivo. Ofreceranse contidos teóricos, que serán completados con exercicios prácticos e analizaranse os casos particulares das empresas participantes.
Subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial
As Bases reguladoras da concesión de subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago establecen como actuacións subvencionables as realizadas e pagadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2010. É dicir, o 15 de novembro será a data límite para executar e xustificar as actuacións que fosen obxecto da subvención.
Edición Verán. VII concurso Municipal de Escaparatismo
XIC10: Xornadas Internacionais de Coaching 2010
Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa
O 22 de xuño comezaron as Xornadas Internacionais de Coaching 2010, coa conferencia Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa, que se celebrou ás 19.30 h. na ITE Caixa Galicia, e á que asistiron medio centenar de persoas.
Xornada de presentación do proxecto ANATOLE
- Traballar na adopción de políticas e estratexias que favorezan o desenvolvemento da economía de proximidade.
Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego.
Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego, estaba dirixida a profesionais, persoal técnico, estudantes, empresas e entidades públicas interesadas nas novas políticas e na xestión e normativa sobre eficiencia enerxética. Nesta xornada abordouse a necesidade de superar o modelo enerxético actual, o impacto ambiental das medidas previstas no contexto europeo, as oportunidades empresariais que conlevan (está considerado un novo xacemento de emprego) e o marco legal no que se aplicarán.