Convocatoria de ideas para Macc 2010, o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea
Entre o 10 e 0 12 de setembro celébrase en Santiago de Compostela o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea. As persoas interesadas en participar, teñen que envíar a idea (máximo 2 páxinas con título, resumo e exposición) e un breve curriculum (1 páxina con datos persoais e traxectoria profesional) ao correo electrónico inscripciones@maccatlantic.org, antes do 30 de xuño.