Programa de emprego autónomo 2018
Axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas
O obxecto das axudas é que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación cameral poidan desenvolver plans de implantación de solucións innovadoras, que inclúen unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.
Aprazamento de débedas derivadas de declaracións aduaneiras.
O importe da débeda a aprazar será superior a 100 euros.
O aprazamento solicitarase na propia declaración aduaneira.
A garantía aportada para a obtención do levante da mercancía será valida para a obtención do aprazamento.
O aprazamento será de seis menses desde a finalización do prazo de ingreso que corresponda.
Non se devindicarán intereses de demora durante o primeiros tres meses do aprazamento.
Real Decreto-lei 18/2020 de medidas sociais en defensa do emprego.
Artigo 1. Especialidades aplicables aos expedientes de regulación temporal de emprego baseados nas causas recollidas no artigo 22 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 durante o desconfinamento.
Modelo de solicitude para a declaración dun proxecto empresarial como iniciativa empresarial prioritaria
Para presentar a solicitude, a persoa interesada deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de declaración de iniciativa empresarial prioritaria.
Ampliación prazo axudas á mellora da seguridade dos establecementos
Esta ampliación afecta ás liñas:
Axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego.
Axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor.
Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas
Esta orde será de aplicación a todo tipo de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no ámbito de aplicación da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e aos establecementos e espazos abertos ao público en que se celebren, de conformidade coas tipoloxías establecidas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicació
Abierta la II convocatoria de ayudas a la digitalización para pymes en el marco del proyecto europeo S3FOOD
A axuda é en forma de subvención ao 100% dos custos do proxecto cun máximo de 60.000 € por peme participante e pode solicitarse ata o 10 de marzo de 2021 ás 17 horas CET.
Extracto da R. do 04/01/2021 se establecen bases reguladoras concesión axudas económicas réxime concorrencia non competitiva dirixidas a empresas que realizen publicacións periódicas escritas enteramente en galego
(DOG Nº 19 do 29/01/2021 )
Entidades beneficiarias:
1. As entidades beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas inscritas no Rexistro Mercantil que realizasen publicacións periódicas escritas integramente en galego durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
2. Quedan excluídos da concesión de axudas:
a) Os boletíns de información interior ou de institucións.







