• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Espazo Maker Compostela, aberto na Casa das Asociacións de Cornes, ofrecerá novos obradoiros no mes de novembro para seguir impulsando a innovación e a creatividade entre a veciñanza e apoiando á comunidade maker de Santiago. Todas as actividades, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, son de balde.

O Espazo Maker Compostela é unha infraestrutura destinada a impulsar a innovación e a creatividade entre a cidadanía de Santiago, fomentando a participación cidadá en actividades tecnolóxicas e creativas.

Despois dos obradoiros realizados no mes de outubro, realizaranse ao longo do mes de novembro outra serie para seguir apoiando a aprendizaxe da a Comunidade Maker de Santiago de Compostela en diferentes materias, como Electrónica, Programación ou Deseño 3D.

 Espazo Maker Compostela que ofrece todo o material e ferramentas precisas para a realización das accións formtivas funciona na casa das Asociacións de Cornes

Etiquetas:
novas , Espazo Maker , Concello Santiago , MAKER FAIRE GALICIA

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou hoxe na apertura do programa de emprego "Genius", no que 16 mozos e mozas menores de 30 anos recibirán formación nas especialidades de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. No acto tamén participaron a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, e o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración, Juan José Couce.

Etiquetas:
novas , Genius , tecnoloxía , audiovisual , FSE+ , emprego

Os últimos sábados de cada mes, a Casa das Máquinas vaise convertir nun espazo para o troco e a compra-venda de artigos usados, grazas ao "Mercado da Luz". Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Mercados, aberta a todos os veciños e veciñas de Santiago. O concelleiro Xan Duro explicou que o obxectivo "é apostar pola reutilización e pola economía circular, concienciar á veciñanza dun consumo máis responsable e, ao mesmo tempo, tecer comunidade".

Etiquetas:
novas , Casa das Máquinas , mercado , troca , compra , venta

Arranca o congreso ECAI (European Conference on Artificial Intelligence), que converterá Santiago de Compostela no epicentro mundial da investigación en intelixencia artificial (IA), o CiTIUS organiza a 'Semana da cidadanÍA': un ciclo de actividades abertas ao público concibido para achegar a IA á sociedade máis próxima de xeito divulgativo, lúdico e rigoroso

Etiquetas:
novas , intelixencia artificial , Santiago de Compostela , GaliciaTIC

O Centro Xove da Almáciga acollerá nas próximas semanas un ciclo de obradoiros de reparación de obxectos que teñen como obxectivo promover a economía circular entre a mocidade. Trátase do programa "Re-parándonos", impulsado pola Concellaría de Xuventude no marco do proxecto europeo "The Circular Way to Inclusion", do que Santiago é coordinador. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe as actividades, que arrincarán cun evento de lanzamento o próximo día 8 no que participarán a actriz Areta Bolado e o músico Mondra.

Etiquetas:
novas , economía circular , mocidade , Feitoría Verde , Re-parándonos

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións de cooperación ao desenvolvemento que concede a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. As solicitudes poden presentarse nun prazo de 20 días hábiles, contados a partir de mañá, 3 de outubro. A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destina a esta convocatoria un orzamento de 400.000 euros, e cada entidade beneficiaria poderá recibir un máximo de 40.000 euros.

Etiquetas:
novas , axudas , cooperación , desenvolvemento , proxectos , países , empobrecidos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, mantivo este martes co presidente de Mercasa, José Manuel Miñones, unha nova reunión de traballo que dá continuidade ao encontro que ambos os dous mantiveron no mes de maio e no que se avanzou no compromiso de converter Santiago nun centro loxístico de referencia na distribución de mercadorías no Eixo Atlántico e no noroeste peninsular.

Etiquetas:
novas , plataforma loxística , Mercasa , avances , futuro

A Xunta de Goberno Local deu hoxe o visto e prace á proposta de concesión de subvencións a asociacións culturais por un importe total de 24.146,74 euros e das axudas para actividades culturais do sector profesional, por 250.000 euros. O executivo municipal tamén deu luz verde a pasada semana á proposta de resolución para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) por un importe total de 26.569,26 euros.

Etiquetas:
novas , subvencións , cultura , asociacións , igualdade

O Concello de Santiago destinará 400.000 euros a subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento para a realización de proxectos de cooperación en países empobrecidos. É a contía máis alta desde que se creou esta liña de axudas, en 2017, e supón un aumento do 138% con respecto á anterior convocatoria de 2022. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, incidiu en que "estas bases son o reflexo do compromiso do Goberno coa cooperación ao desenvolvemento e co termos un concello verdadeiramente solidario".

Etiquetas:
novas , axudas , subvencións , proxectos , cooperación , desenvolvemento

O Espazo Maker Compostela volve abrir as súas portas na Casa das Asociacións de Cornes despois das vacacións de verán, e faino ofertando novos obradoiros formativos que se desenvolverán ao longo do mes de outubro. As actividades, os venres pola tarde e os sábados pola mañá, teñen como obxectivo axudar á comunidade maker de Compostela en diferentes materias como electrónica, programación, ou deseño 3D. As inscricións son de balde.

Etiquetas:
novas , Espazo Maker , Casa das Asociacións de Cornes , obradoiros