• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA PROXECTOS SINGULARES DE MELLORA DA SUSTENTABILIDADE ENERXETICA EN EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE A CORUÑA

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria para o ano 2024 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (código de procedemento IN421J).

Apoiar grandes proxectos tractores de descarbonización e renovación industrial. Apoiarase o desenvolvemento de proxectos singulares que xustifiquen a redución de consumo enerxético e de emisión recollidos de seguido, en función da liña da convocatoria pola que se opte:

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA) Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,1 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de investimento elixible

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 % (PAD) Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,01 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI

Documentación requerida

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación obrigatoria:

 

a) Documentación administrativa:

i. Poder de representación da persoa que presenta a solicitude, cando sexa necesario.

ii. As tres ofertas que debe ter solicitado o solicitante da axuda, cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia.

iii. Documento oficial no que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como: declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas. Tamén se aceptarán os documentos nos que aparezan as actividades recollidas no IAE que se correspondan coas seccións do CNAE 2009.

iv. Declaración responsable do representante da empresa na que se indique a cualificación como empresa autónoma, ou ben se indique as empresas asociadas ou vinculadas, incluíndo os datos de participación.

v. As empresas, cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán copia da documentación acreditativa da constitución e documento público acreditativo do poder con que actúa o representante da empresa ou entidade solicitante.

vi. As empresas deben de acreditar a existencia dun centro de traballo na provincia da Coruña ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da provincia da Coruña.

vii. Acreditación da condición de pequena ou mediana empresa.

viii. Declaración responsable do representante legal do solicitante do número de postos de traballo que serán creados polo proxecto, diferenciando entre os que se manterán durante un mínimo dun ano (indicador RCR01) e os que se manterán durante un mínimo de cinco anos para grandes empresas ou 3 para pemes. No caso de pemes os datos de emprego mantido durante 3 anos só deberán indicarse se pretende acadar a puntuación correspondente por creación de emprego.

ix. Documentación acreditativa dos postos de traballo da empresa na data de solicitude da axuda: informe de persoal medio de traballadores en situación de alta, así como informe de vida laboral dun código conta de cotización expedidos pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, referidos aos doce meses anteriores á devandita data, ou, no caso de empresas constituídas durante ese período, desde a data de alta do primeiro traballador, na que figuren relacionadas todas as contas de cotización correspondentes aos diferentes centros de traballo da empresa. No caso de pemes, esta documentación só deberá presentarse se pretende acadar a puntuación que lle corresponde por creación de emprego.

x. No caso de que proceda para acceder á puntuación correspondente, acreditación por medio válido en dereito da participación de peme no proxecto.

xi. Declaración responsable asinada polo representante legal do solicitante de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se conceda a axuda (modelo dispoñible na páxina web do Inega). Esta declaración acompañarase dunha memoria descritiva dos recursos e mecanismos financeiros dos que dispón a empresa para cubrir os custos de funcionamento e mantemento da operación para garantir a súa sustentabilidade financeira.

 

b) Documentación técnica:

i. Memoria técnica do proxecto segundo o modelo «Memoria técnica», asinada por técnico competente, dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).

ii. Documento denominado «Ficha de consumos PAE» segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) no que se relacione o número de factura e o consumo enerxético de todas as facturas (electricidade, gas, fuelóleo, gasóleo, etc.) do período anual tomado como referencia (2023 ou últimos doce meses), así como os datos enerxéticos do proxecto.

iii. Fotografías da instalación actual identificando as instalacións.

iv. Plano de situación das instalacións no establecemento, coa distribución dos equipos.

v. Características técnicas dos equipos para os que se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante) onde se inclúan datos da produtividade do equipo e do seu consumo e rendemento enerxético.

vi. No caso de investimentos en eficiencia enerxética non separables para a liña PA ou de protección ambiental non separables para a liña PAD, achegar hipótese de contraste considerada ou indicar se se opta por unha redución do 50 % da intensidade de axuda.

vii. No caso de que proceda para acceder á puntuación correspondente: – Documento de análise de viabilidade económica. – Declaración de impacto ambiental (ou figura ambiental equivalente). – Autorización administrativa previa do proxecto. – Documento da corporación local apoiando o proxecto polas súas externalidades positivas. – Contrato PPA (Power Purchase Agreement) de abastecemento a longo prazo de enerxía renovable. – Declaración responsable do representante da empresa, con indicación do número de horas de formación relacionadas con empregos verdes, ou dixitais, ou dirixidas ao acompañamento á inserción laboral de desempregados, que serán impartidas.

viii. Declaración responsable do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio Do no significant harm-DNSH) conforme o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).

ix. Declaración responsable conforme ao modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) de que, no caso de resultar beneficiario, cumprirá co requisito de protección fronte ao cambio climático ao longo de todo o ciclo de vida nas infraestruturas cuxa vida útil exceda os cinco anos.

 

No caso de axudas solicitadas por grandes empresas, deberase achegar ademais a seguinte documentación:

x. Documento de análise de pegada de carbono en todo o ciclo completo do proxecto.

xi. Análise de brechas que demostren as perdas de emprego esperadas sen este investimento.

xii. Declaración responsable conforme o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) de que, no caso de resultar beneficiario, cumprirá os seguintes requisitos exixidos nas bases reguladoras: – A minimización do volume de auga e outros recursos naturais utilizados no proceso, e a realización dun control de augas residuais resultantes deste. Que se as instalacións están suxeitas á avaliación ambiental integrada, se localizan dentro ou fóra da Rede Natura 2000. – Que se se constrúen ou rehabilitan edificios ou naves industriais, se fará con criterios de eficiencia enerxética, de conformidade co establecido no anexo I (ámbito de intervención 040) do Regulamento UE 2021/1060, do 24 de xuño de 2021. – A minimización da afección a elementos do patrimonio histórico, cultural, arqueolóxico e etnográfico. Se existise afección destes, esta avaliarase conforme a normativa de aplicación.

xiii. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán acceder á condición de entidades beneficiarias das presentes subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, as empresas legalmente constituídas, que acrediten a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da provincia da Coruña, sempre que o centro de traballo sobre o que se actúe estea localizado na provincia da Coruña, e cuxa actividade teña un CNAE que comece pola división da 07 a 39, salvo os sectores excluídos polo Regulamento 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías; e segundo o seguinte cadro de beneficiarios en función da liña de axuda pola que se opte:

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes:  Pemes

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 %: Pemes e grandes empresas

Requisitos

As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías.

Os requisitos para obter a condición de entidades beneficiarias deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes. O Inega comprobará o cumprimento da condición de peme ou non peme do solicitante, segundo a definición de peme contida no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías co fin de garantir o tratamento diferenciado das distintas entidades beneficiarias en función do tipo de intervención.

Non poderán ter a condición de entidades beneficiarias:

– As entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– As entidades nas que concorran algunhas das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de xaneiro, xeral de subvencións.

–As empresas que non cumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. – As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento UE 651/2014.

– As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

– O sector de produtos da pesca e da acuicultura conforme o recollido no artigo 1 do Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías.